Coñece Gaener

Eficiencia e Rehabilitación Enerxética

Gaener aplica o maior esforzo en Aforro e Eficiencia Enerxética na división de Rehabilitación. Tamén realizamos diferentes servizos e/ou avaliacións dentro do sector agrario e industrial destinados á mellora da Eficiencia Enerxética.

Servizos

Servizos de Eficiencia Enerxética e Rehabilitación

Ó longo de toda a traxectoria de Gaener, dedicamos grandes esforzos a implantar servizos/sistemas de Eficiencia Enerxética e sostibilidade ambiental dentro das actividades de asesoramento e consultoría nos campos de Arquitectura e Enxeñería. O favorecemento da eficiencia enerxética no sector da construción, afecta directamente na correcta execución dos servizos de mantemento preventivo e/ou correctivo para a corrección de patoloxías preexistentes (estrutura, envellecemento, filtración, humidade, condensación, etc.).

Polo tanto, con base nos fundamentos enerxéticos, ambientais e económicos, pretendemos fomentar a rehabilitación integral e a Eficiencia Enerxética no sector residencial e industrial.

Froito disto son as máis de 1000 referencias en España principalmente en Galicia aínda que tamén servizos ou colaboracións ofrecidas en País Vasco, Comunidade Valenciana e Comunidade de Madrid, nas que asesoramos a execución de sistemas certificados que garantan a súa funcionalidade, coa inclusión de materiais ou solucións innovadoras máis respectuosas co noso entorno e cunha considerable redución da demanda de enerxética.
Dentro das nosas referencias, dita diminución da demanda enerxética ten un impacto directo no aforro económico, contribuíndo directamente cunha diminución anual das emisións de máis de 2.000,00 t de dióxido de carbono.

Eficiencia y Rehabilitación Energética

Dentro das nosas referencias, esta diminución da demanda enerxética incide directamente no aforro económico, colaborando directamente cunha diminución anual das emisións contaminantes superior a 5.000,00 t de dióxido de carbono.

Toneladas Co2

Eficiencia e Rehabilitación Enerxética

Ademais, para unha parte das accións de Eficiencia Enerxética xa executadas ou en proceso de execución, xestionamos e obtivemos diversas fontes de financiamento e/ou subvencións non reembolsables:

Locales.

Autonómicas.

Estatales.

Europeas.