Constituímos unha empresa formada por un equipo multidisciplinar no que combinamos formación, experiencia, habilidades de xestión e creatividade, para ofrecer como valores a excelencia, o compromiso e a diferenciación do servizo ofrecido ós nosos clientes co obxectivo prioritario de promover a sostibilidade en materia ambiental, enerxética, arquitectónica e de enxeñaría.

Oficina Técnica e Enxeñería

Arquitectura e Construcción

Eficiencia e Rehabilitación Enerxética

Sobre nós

Servizos técnicos sostibles

Constituímos unha empresa formada por un equipo multidisciplinar no que combinamos formación, experiencia, habilidades de xestión e creatividade, para ofrecer como valores a excelencia, o compromiso e a diferenciación do servizo ofrecido ós nosos clientes co obxectivo prioritario de promover a sostibilidade en materia ambiental, enerxética, arquitectónica e de enxeñaría.

Como Oficina Técnica, estas características profesionais permítennos ofrecer servizos técnicos como xestión e captación de subvencións ou financiamento para investimentos ou accións no campo da eficiencia enerxética, así como a redacción de informes e proxectos técnicos.

Así mesmo, dentro da sección de Arquitectura e Construción consideramos salientable a emisión de informes (LEEx, patoloxías, xustificacións, etc.), a redacción de proxectos técnicos (anteproxectos e de execución), a xestión de medidas de seguridade preventiva en edificios protexidos, a proxección e execución de melloras na accesibilidade de edificios/vivendas e rehabilitación integral de edificios tanto a nivel interior como exterior, prevalecendo nesta sección, a Rehabilitación Enerxética de edificios con máis de 1.000 referencias y certificaciones.

Finalmente, dentro da sección de Eficiencia Enerxética, as accións e / ou servizos que realizamos resúmense no seguimento e xestión dos recursos enerxéticos, na consultoría e deseño de instalacións eficientes, na renovación de instalacións e na realización das certificacións pertinentes con máis de 200 referencias.